19/5/11

INVESTIGA EN FAMILIA. EDUCACIÓN

Adicamos abril á cultura e á educación por ser o MES DOS LIBROS. Na actividade proposta para investigar en familia había que escoller e salvar un libro ante unha inminente catastrofe que os faría desaparecer a todos para sempre. Unha vez máis os resultados superaron as expectativas: a resposta foi masiva e os traballos preciosos cunhas ilustracións que parecen feitas por profesionais.

INVESTIGA EN FAMILIA. IGUALDADE

No mes de marzo investigamos sobre as tarefas que realizaban as mulleres de antes, facendo unha comparativa coas que realizan agora. O resultado queda reflexado nesta presentación.
Unha vez máis temos que dar as grazas ao noso alumnado e as súas familias pola participación e a gran calidade dos traballos presentados.

5/5/11

XOGOS DO MUNDO

Gustaríache saber a que xogan outros nenos e nenas do mundo? Se segues o enlace da imaxe atoparás moitos e interesantes xogos.

XOGO SOLIDARIO: UN BARRIO DE CORES

Un grupo de amigos dun barrio calquera e con diferentes procedencias culturais, propóñense cambiar, por un día, o barrio no que viven e realizar a mellor Festa Intercultural do mundo. Preme na imaxe e descarga o xogo.